Para realizar a avaliación de esta webquest e máis concretamente do tema cambio climático, decidimos realizar dous tipos de avaliacións diferentes que darán lugar a unha avaliación final. Unha das avaliacións consiste en establecer unha serie de items en relación ao traballo que o alumnado ten que desenvolver. De esta maneira realizamos unha avaliación continua, xa que moitos dos ítems requiren unha observación diaria do alumnado. Por outro lado decidimos plantexar unha avaliación máis concreta, facendo uso de un xogo como é o Kahoot. O noso obxetivo en este caso é determinar cantos coñecementos adquiriu o alumnado sobre o temario. Finalmente, e tendo en conta os dous tipos de avaliacións, cada alumnado terá a sua puntuación final.