Conclusións
Para finalizar este Webquest, queremos salientar que non podemos facer unha valoración sobre o traballo porque carecemos de datos reais. Porén, o que pretendemos é que as crianzas entendan que chegar a un acordo sobre un determinado tema é difícil, pero sempre existen formas para poder chegar, e que todas as persoas saian beneficiadas. Ademais, consideramos de grande importancia que o alumnado nesta etapa empece entrar en contacto coas TIC de forma autónoma, sen coñecela unicamente polo uso que faga a persoa docente delas. E finalmente, todo este traballo que abrangue diferentes campos, está ligado co propio nivel educativo en que eles se encontran, xa que está ligado coas ciencias naturais, que é o obxecto de estudo.