o motivo DESTE PROxECTO
Con esta WebQuest pretendemos axudar aos nosos futuros alumnos a comprender a importancia que ten o cambio climático no noso día a día. Comenzaremos falando de que é o clima, como este vai variando co paso dos anos, como evoluciona a nivel xeolóxico... Para finalmente tratar o clima actual, que ocorre con él? Por que evoluciona desta forma? En que medida os seres humanos somos culpables do cambio climático? Como podemos revertir a situación que estamos vivindo?
Procuraremos darlle resposta a todas estas preguntas durante o desenvolvemento desta actividade ao tempo que fomentamos o cambio de certas rutinas que temos adquiridas e perxudican ao planeta e sobre todo aos seres vivos que o habitamos.

TEMPORALIZACIÓN
Para realizar a actividade aquí proposta contaremos de dúas sesións de cincuenta minutos na aula que se complementarán co traballo autónomo dos alumnos dende os seus fogares. Na primeira sesión presentarase o tema e explicaremos como traballar con este formato xa que tal vez os alumnos non estean acostumados a él. Na segunda sesión, os cinco grupos deberán debatir entre eles, cada un defendendo o seu punto de vista para así chegar entre todos a un acordo.
O CLIMA
CAMBIO CLIMÁTICO
|
|
Chamase cambio climático á variación global do clima da Terra. Isto é debido tanto a causas naturais como a propia acción do home, e prodúcese a moi diversas escalas de tempo.
Atopámonos así co cambio climático a nivel xeolóxico, o cal permítenos saber que vimos de unha época glaciar e dirixímonos hacia outra, motivo polo cal actualmente nos encontramos en unha época de transición cálida. Destacar que o cambio climático producido dentro de esta época cálida vai en dirección contraria ao progreso xeolóxico natural do clima, dado que o planeta cada vez está adquirindo unha maior temperatura a pesar de encamiñarse cara outra época glaciar. Isto, en gran parte, é resultado da acción antrópica.