Obxetivo principal
O obxetivo principal deste proxecto é que os nosos alumnos, a partir das explicacións recibidas na aula sobre o cambio climático, consigan propoñer solucións para reducir o aumento deste a causa da acción antrópica. Deberán poñerse entre todos de acordo sobre cales son as mellores solucións despois de consultar as fontes que nos lles propoñemos nas cales se lle ofrece información sobre o cambio climático, as súas causas e as consecuencias que isto conleva.
Outro dos obxetivos é o traballo de forma cooperativa xa que esta será a única forma de que este proxecto se poida levar a cabo
que imos facer?
Comezaremos cunha explicación na aula sobre o cambio climático no pasado, no presente e no futuro, relacionando o mesmo cos depósitos costeiros. Continuaremos entón coa visualización de diferentes videos e documentos. A partir dos mesmos realizaremos un debate no cal a vosa labor non será só aportar posibles solucións para deixar de aumentar o cambio climático coa nosa acción antrópica, senón tamén tratar as consecuencias que isto pode ter, tendo en conta que non só afecta aos depósitos costeiros, e tamén ser capaces de descubrir que outros factores afectan en este aumento, buscando as solucións adecuadas aos mesmos. Estaredes pensando que son demasiadas cousas...para nada! Confiamos na vosa capacidade, ánimo!!! |
Para isto traballaremos en grupos, concretamente en catro grupos de cinco persoas. Cada un dos grupos poñerase no papel que a continuación explicaremos e debe defender o seu punto de vista fronte ao resto de grupos. Para esto contamos con diferentes videos que a continuación vos deixamos.